Thursday 25 de April de 2024

Cheo total nos catro obradoiros de maxia que o Mago Romarís vai impartir en Lousame


O primeiro dos catro obradoiros de maxia que o Mago Romarís vai impartir en Lousame foi todo un éxito de participación. Esta fin de semana, a casa da cultura Santeiros de Chave acolleu a primeira sesión, na que participaron doce nenos e nenas maiores de 8 anos que durante hora e media se introduciron no mundo da maxia da man deste recoñecido mago.

As próximas sesións terán lugar os días 16 e 23 de outubro, rematando o 6 de novembro. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, amosa a súa satisfacción “pola boa acollida que tivo esta escola de maxia do Mago Romarís que inicialmente programamos con un avance da sexta edición do Festimaxia de Lousame pero que resultou todo un éxito pois nunha soa semana xa cubrimos todas as prazas dispoñibles”.

Deste xeito, medio cento de nenos e nenas de Lousame terán pasado pola escola de maxia do Mago Romarís antes de que dea comezo o VI Festimaxia de Lousame, que se desenvolverá o vindeiro mes de novembro.